RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B frea ao Xuventude de Oroso, un aspirante ao título

Meritorio empate (1-1) do Cadete B en Sigüeiro ante o potente ED Xuventude de Oroso, un equipo que pelexa polo título ligueiro, en partido correspondente á 16ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Gabriel anotou o único tanto deportivista, que serve ao Cadete B para, nunha tarde de temporal de vento e choiva, sumar 34 puntos na 3ª praza da clasificación.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Martín, Gabriel, Manu Berrocal, Hugo García, Carlos, Lombao, Mella, Matos e Trigo. Tamén xogaron: Eloi, Iván, Xosé e Jacobo.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Racing de Ferrol B.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0
ED Xuventude de Oroso 1 - Cadete B 1 (Gabriel)