RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B gana ao San Tirso B e chega ao parón de Semana Santa asentado na 3ª praza

O Cadete B impúxose en Abegondo (3-2) ao San Tirso SD B, en partido adiantado á 29ª xornada no grupo norte da liga Galega. Hugo Suárez -2- e Nils foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o conxunto deportivista suma 59 puntos e dá un paso máis para lograr o seu obxectivo, que non é outro que a 3ª praza final do grupo, só superado por Bertamiráns FC e ED Xuventude de Oroso, os dous conxuntos que se xogarán o título.

Cadete B: Manu, Martín Burgos, Hugo García, Nils, Pablo Trigo, Ivi, Xosé, Hugo Suárez, Jacobo, Alexis e Gabriel. Tamén xogaron: Abele, Eloi, Daniel, Álvaro e Matos.

A competición detense agora debido á Semana Santa. O Cadete B retoma a liga o sábado 27 de abril en Ferrol ante o Galicia Caranza.

A temporada marcha así para o Cadete B:

CD Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - SCD Milagrosa 1
CD Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0
ED Xuventude de Oroso 1 - Cadete B 1 (Gabriel)
Cadete B 0 - Racing de Ferrol B 1
Cadete B 0 - CD Calasanz B 2
SCD Milagrosa 2 - Cadete B 1 (un futbolista rival en propia meta)
Cadete B 2 (Hugo Suárez e Abele) - CD Lugo B 5
Viveiro CF A 2 - Cadete B 2 (Hugo Suárez e Nils)
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Xosé e Trigo) - Bergantiños CF B 1
Escola Estrada Fútbol Base 0 - Cadete B 3 (Abele, Trigo e Jacobo)
Cadete B 4 (Pablo Trigo -2-, Hugo García e Daniel) - Victoria CF B 2
EF Lalín 1 - Cadete B 3 (Mauro e Trigo -2-)
Ural CF B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2- e Hugo Suárez -2-)
Cadete B 2 (Nils e Hugo Suárez) - Bertamiráns FC 0
Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Nils) - San Tirso SD B 2