RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B non dá marxe á sorpresa e tumba á 'Beira'

O Cadete B non se deixou sorprender polo Orillamar SD (6-0), último clasificado da categoría, en partido correspondente á 15ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos foron os autores dos goles branquiazuis cos que o Cadete B alcanza os 33 puntos e aséntase na 3ª praza.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Carlos, Gabriel, Manu Berrocal, Hugo García, Lombao, Iván, Jacobo, Mella e Matos. Tamén xogaron: Eloi, Martín Burgos e Xosé.

A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao ED Xuventude de Oroso, equipo que o precede na clasificación.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0