RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETES

O Cadete B non perdoa ao Conxo e xa lidera a liga Galega

O Cadete B non falló na súa visita ao Conxo (1-4), na segunda xornada da liga Galega, grupo norte. Docarmo (2), Concheiro e Landeira foron os autores dos goles branquiazuis no campo santiagués da Mercé.

Con este resultado, o Cadete B suma 6 puntos de 6 posibles e lidera o grupo norte da liga Galega por mellor diferencia de goles (10 tantos marcados e un só encaixado) que o Santiago de Compostela C e o Racing de Ferrol B, os únicos equipos que tamén gañaron os seus dous partidos.

Cadete B: Manu, Roque, Landeira, Toni, Añón, Mario, Martínez, Alex, Pol, Docarmo e Concheiro.Tamén xogaron: Portas, Iago, Jorge, Rares e Brais.

A próxima semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Bertamiráns B.

Os resultados do Cadete B na liga son os seguintes:

Cadete B 6 (Roque, Martínez, Mario, Jorge (2) e Portas) - Lugo B 0
Conxo 1 - Cadete B 4 (Docarmo (2), Concheiro e Landeira)