RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B non pode co líder, o Atlético Coruña Montañeros

O Cadete B non puido frear (1-3) ao líder, Atlético Coruña Montañeros, en partido da 12ª xornada do grupo 1º da Liga Galega disputado en Abegondo. Os deportivistas foron superados polos visitantes sobre todo na segunda parte. Álex Espeso anotou o único tanto branquiazul.

Con este resultado, o Cadete B é sexto na táboa con 21 puntos.

Cadete B: Ríos, Íker, Álvaro, Fika, Buján, Xavi, Sergio, Padín, Hugo, Nils e Iago. Tamén xogaron: Bocija, Álex Espeso, Mouriño e Edward.

A vindeira fin de semana, o Cadete B visita ao Escola Estrada Fútbol Base.

Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) .- Santiago de Compostela B 0
Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján)
San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván)
Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2
Bergantiños B 1 - Cadete B 1 (Bocija)
Cadete B 1 (Álex Espeso) - Atlético Coruña Montañeros 3