RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete B non sofre ante o Ural B a pesar do marcador axustado

O Cadete B apenas pasou apuros ante o Ural CF B (2-3), a pesar do axustado do marcador deste partido correspondente á 8ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Iván, Seydiba e Mella foron os goleadores branquiazuis, cos que o Cadete B segue á fronte da táboa con 22 puntos; por 19 da SD Compostela, segundo clasificado.

Cadete B: Manu, Mardones, Mato, Monteagudo, Alexis, Seydiba, Baña, Matos, Mella, Marcote e Iván. Tamén xogaron: Sierra, Domínguez, Fer e Lombao.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Bergantiños CF B.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)