RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B pecha mañá a mini xornada entre semana en #ANOSACANTEIRA

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA teñen xornada de liga entre onte martes 30 de abril; hoxe mércores 1 de maio, día festivo; e mañá xoves 2: Deportivo ABANCA B, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A e Benxamín B.

A xornada abriuna o Benxamín B onte martes na Leyma cun triunfo (0-6) ante o SCD San Cristóbal B; e péchaa o Cadete B en Abegondo mañá xoves 2 de maio ante o Racing Villalbés (18:00 horas), con entrada gratuíta para os afeccionados. Neste último partido, en caso de vitoria branquiazul, amarraría practicamente a 3ª praza do grupo norte da liga Galega.

Para hoxe mércores quedou o resto de encontros. Deles, un só foi en Abegondo, a visita do CD Choco ao Infantil A, no último partido da Fase polo Título da liga Galega. Os branquiazuis, xa campións, non deron opción aos vigueses (9-2). Completou así o Infantil A esta parte da temporada con pleno de triunfos.

O seguinte reto para o Infantil A será o sábado 4 de maio en Cambados, na final a 4 da liga Galega. O rival en semifinais (12:00 horas) será o Pabellón Ourense CF.

Xogaron lonxe de Abegondo o Deportivo ABANCA B (0-5 en Vigo); Xuvenil B (0-3 en Vilalba); e Cadete A (0-0 en Carballo).

O calendario de partidos desta mini xornada, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoria feminina
Primeira Autonómica Feminina, 28ª xornada: CP ALERTANAVIA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Patri López -2-, María Calvo, Bermúdez e Antía)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 31ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - XUVENIL B 3 (Hugo Novoa -2- e Peke)

Categoría cadete
División de Honra, 31ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - CADETE A 0

Liga Galega, grupo norte, 31ª xornada: CADETE B - RACING VILLALBÉS, mañá xoves 2 de maio ás 18:00 en Abegondo (campo 3)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 15ª xornada, última: INFANTIL A 9 (Domínguez -3-, Monteagudo, Mardones -2-, Marco Baña e Mella -2-) - CD CHOCO 2

Categoría benxamín
Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 11ª xornada: SCD SAN CRISTÓBAL B 0 - BENXAMÍN B 6 (Rodrigo -2-, Raúl, José Quiroga, Iago Lameiro e Iago Varela)