RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B quedou sen tempo para a remontada ante o CD Lugo B

Ao Cadete B faltoulle tempo para completar a remontada ante o CD Lugo B en Abegondo (2-3), en partido correspondente á 1ª xornada no subgrupo A norte da Liga Galega.

Os branquiazuis arrancaron frouxos o partido, circunstancia que aproveitou o conxunto lucense para poñer terra polo medio no marcador con tres goles. Na segunda metade, o Cadete B tomou as rendas e recortou diferenzas grazas aos goles de Óscar e Javi Casanova. Faltaron minutos para lograr polo menos o empate.

Cadete B: Unai, Javi Casanova, Óscar, Martín, Monteagudo, Noe, Memet, David Carballo, Antonio Souto, Samuel e Héctor Beade. Tamén xogaron: Marco Baña, David Domínguez, Álex Delgado, Adrián e Bruno.

A próxima semana, o Cadete B visita á SD Ribadeo.