RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B supera ao Atlético Coruña Montañeros e dá un paso cara ao título

O Cadete B superou en Abegondo (4-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF e dá un paso firme cara ao título de liga no grupo norte da Liga Galega. Fer, Mardones, Domínguez e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis.

O 'Monta' chegaba ao encontro como segundo na táboa, a 5 puntos de distancia dos deportivistas. Pero o Cadete B saíu enchufado a polo triunfo desde o asubío inicial e xa se adiantou no marcador aos 3 minutos de partido.

Así pois, este resultado correspondente á 23ª xornada deixa ao Cadete B líder destacado con 58 puntos.

Cadete B: Manu, Alexis, Nico, Carlos, Raúl, Mato, Sierra, Adrián Lombao, Matos, Mardones e Fer. Tamén xogaron: Monteagudo, Domínguez, Andón e Marco Baña.

A competición ligueira retomarase o próximo 7 de marzo no campo ferrolán da Gándara ante o Racing de Ferrol B.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz B 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)
Cadete B 4 (Mato, Matos, Alexis e Mardones) - Racing Villalbés 0
Dumbría CF 3 - Cadete B 2 (Matos e Mardones)
Cadete B 6 (Domínguez, Matos -2-, Mato, Marcote e Marco Baña) - Viveiro CF 1
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Nico e Domínguez) - CD Calasanz B 1
CD Lugo B 1 - Cadete B 1 (Fer)
Cadete B 6 (Fer -5- e Guerrero) - Escola Estrada Fútbol Base 1
EFM Concello de Boiro 0 - Cadete B 0
CD Conxo Santiago B 1 - Cadete B 5 (Mardones, Iván, Mella, Matos e Sierra)
Cadete B 4 (Fer, Mardones, Domínguez e un futbolista rival en propia meta) - Atlético Coruña Montañeros CF 0