RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B tráese os 3 puntos da Estrada grazas a un gran segundo tempo

O Cadete B logrou o triunfo na Estrada ante o Escola Estrada Fútbol Base (0-3) grazas sobre todo a unha boa segunda metade, na que chegaron os 3 tantos branquiazuis, obra de Abele, Trigo e Jacobo.

Co marcador deste partido correspondente á 23ª xornada o grupo norte da Liga Galega, o Cadete B é 4º con 41 puntos.

Cadete B: Manu, Alexis, Martín Burgos, Mauro, Xosé, Hugo García, Iván, Lombao, Matos, Abele e Trigo. Tamén xogaron: Eloi, Jacobo, Daniel e Álvaro.

A próxima semana non haberá competición debido aos compromisos da selección galega da categoría. En 15 días, o Cadete B recibe en Abegondo ao Victoria CF B.

A temporada marcha así para o Cadete B:

CD Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - SCD Milagrosa 1
CD Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0
ED Xuventude de Oroso 1 - Cadete B 1 (Gabriel)
Cadete B 0 - Racing de Ferrol B 1
Cadete B 0 - CD Calasanz B 2
SCD Milagrosa 2 - Cadete B 1 (un futbolista rival en propia meta)
Cadete B 2 (Hugo Suárez e Abele) - CD Lugo B 5
Viveiro CF A 2 - Cadete B 2 (Hugo Suárez e Nils)
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Xosé e Trigo) - Bergantiños CF B 1
Escola Estrada Fútbol Base 0 - Cadete B 3 (Abele, Trigo e Jacobo)