RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B tropeza en Santiago e non depende de si mesmo para ser campión de liga

O Cadete B empatou en Villestro (1-1) ante o Santiago de Compostela e, con este resultado, non depende de si mesmo para ser campión do grupo 1º da liga Galega. A falta dun partido para terminar a competición, suma 74 puntos por 76 puntos do agora líder Calasanz.

Por conseguinte, o Cadete B, para revalidar o título da categoría, necesita que o Calasanz non gañe na Coruña ao Racing de Ferrol B, co que bastaría ao equipo deportivista ante o Dumbría en Abegondo un empate (caso de derrota colexial) ou unha vitoria (caso de empate do Calasanz).

En Villestro, o partido púxose de cara cun gol de Pol ao corenta segundos. No entanto, o Santiago de Compostela, que se xoga a terceira praza co Atlético Coruña Montañeiros, non se rendeu e apertou en busca da igualada. Empatou de penalti na segunda parte, tras fallar outro con anterioridade.

Cadete B: Manu, Roque, Landeira, Fito, Añón, Martínez, Rares, Mario, Concheiro, Pol e Docarmo. Tamén xogaron: Axel, Toni, Portas e Jorge.

Os resultados do Cadete B na liga son os seguintes:

Cadete B 6 (Roque, Martínez, Mario, Jorge -2- e Portas) - Lugo B 0
Conxo 1 - Cadete B 4 (Docarmo -2-, Concheiro e Landeira)
Cadete B 3 (Martínez, Mario e Iván) - Bertamiráns B 1
Victoria B 1 - Cadete B 3 (Mario, Fito e Rares)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 1 (Roque)
Cadete B 9 (Roque, Espeso, Pol -2-, Iago -2-, Fito, Portas e Iván) - Porto de Burela 0
Viveiro A 3 - Cadete B 1 (Jorge)
Cadete B 4 (Concheiro -2-, Roque e Mario) - Ural B 0
Calasanz 3 - Cadete B 3 (Rares, Fito e Pol)
Cadete B 3 (Martínez, Fito e Rares) - EF Lalín 1
Boiro 0 - Cadete B 2 (Landeira e Roque)
Racing de Ferrol B 0 - Cadete B 3 (Fito, Iván e Espeso)
Cadete B 6 (Mario -2-, Pol, Rares -2- e Iago) - Racing Vilalbés 0
Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 1 (Pol)
Cadete B 2 (Rares e Concheiro) - Santiago de Compostela C 3
Dumbría 1 - Cadete B 2 (Pol e Martínez)
Lugo B 0 - Cadete B 4 (Docarmo, Pol -2- e Martínez)
Cadete B 7 (Docarmo -3-, Pol, Concheiro, Fito e Iván) - Conxo 0
Bertamiráns B - Cadete B (Pol, Docarmo e Mario)
Cadete B 4 (Jorge -2-, Portas e Mario) - Victoria B 1
Cadete B 3 (Pol -3-) - Atlético Coruña Montañeros 3
Porto de Burela 2 - Cadete B 6 (Martínez, Pol, Álex M. -2-, Docarmo e Fito)
Cadete B 1 (Portas) - Viveiro A 0
Ural B 1 - Cadete B 1 (Concheiro)
Cadete B 4 (Docarmo -2-, Mario e Concheiro) - Calasanz 1
EF Lalín 1 - Cadete B 2 (Portas e Docarmo)
Cadete B 6 (Axel -2-, Pol, Rares -2- e Álex M.) - Boiro 0
Cadete B 1 (Concheiro) - Racing de Ferrol 0
Racing Villalbés 1 - Cadete B 2 (Docarmo e Fito)
Cadete B 2 (Pol e Rares) - Xuventude de Oroso 0
Santiago de Compostela 1 - Cadete B 1 (Pol)