RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B vén sen nada de Dumbría

Un Cadete B sempre a remolque no marcador veu sen nada do seu encontro ante o CF Dumbría (3-2) disputado no Municipal de O Conco e que corresponde á 16ª xornada no grupo norte da liga Galega, que foi suspendida o pasado 21 de decembro de acordo coa alerta meteorolóxica emitida pola Xunta de Galicia para ese día. 

Matos e Mardones foron os goleadores branquiazuis dun partido que se puxo costa arriba para o Cadete B aos 18 minutos con 2 goles locais. Igualaron os deportivistas antes do descanso, pero na recta final, o CF Dumbría anotou o tanto definitivo.

A pesar deste marcador adverso, o Cadete B segue de líder con 41 puntos, por 38 puntos do seu inmediato perseguidor, o EFM Concello de Boiro, que ten 38 puntos.

Cadete B: Manu, Alexis, Dopico, Mato, Pablo Parada, Adrián Lombao, Marcote, Sierra, Mardones, Matos e Iván. Tamén xogaron: Marco Baña, Monteagudo, Domínguez e Fer.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Viveiro CF.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)
Cadete B 4 (Mato, Matos, Alexis e Mardones) - Racing Villalbés 0
Dumbría CF 3 - Cadete B 2 (Matos e Mardones)