RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O cadete branquiazul Pablo García regresa á selección española sub-15

Pablo García Taboada (A Coruña, 23 de xaneiro de 2008), lateral do Cadete de División de Honra, regresa á selección española sub-15 para disputar un dobre amigable ante Polonia, o martes 31 de xaneiro e o xoves 2 de febreiro no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

O futbolista coruñés incorporarase á concentración do combinado nacional na localidade alacantina de Alfaz del Pi o luns 30 de xaneiro, após disputar co seu equipo o seu partido de liga en Lugo o vindeiro sábado 28 ás 16:00 horas.

O calendario de partidos da selección española sub-15 é o seguinte:

Martes 31 de xaneiro
18:00: ESPAÑA - POLONIA, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)

Xoves 2 de febreiro
11:00: ESPAÑA - POLONIA, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)

Ese mesmo xoves, o canteirán branquiazul emprenderá viaxe de regreso á Coruña.

O pasado mes de decembro, Pablo García xa disputou coa selección española sub-15 o torneo Football Federations Cup, competición que xogou esta temporada tamén outro cadete branquiazul, José Rey, neste caso coa sub-16.

Pablo García colle o testemuño de Kevin Sánchez e Manu Berrocal, que acaban de xogar un amigable con España sub-18 ante Italia; e de Elena Vázquez, convocada con España sub-17 feminina para outro partido de preparación fronte a Alemaña.