RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete de División de Honra ponse en marcha mañá martes en Abegondo

O Cadete branquiazul, vixente campión da División de Honra, comeza mañá martes 2 de agosto a pretemporada en Abegondo.

Os futbolistas citados son os seguintes:

Porteiros
Aarón Basteiro Mancini
Yeray Vázquez López (procedente do ED Xuventude de Oroso)
Lucas Vázquez Bermúdez (procedente do Atlético San Pedro e xogará no San Tirso SD)
Rodrigo Leiva Seoane (xogará no San Tirso SD)

Defensas
Álvaro Vicos López
Pablo Pereda García
Pablo García Taboada
David Vergara Basalo
Carlos Santana Fernández
Iker Fernández Seoane (xogará no San Tirso SD)
Sergio Pose Rivera

Centrocampistas
Iván Barreiro Ramos
Nicolás Ruiz Ramallo
André Domínguez Márquez
Telmo Perucha Boquete (procedente do Ural Español CF)
Jairo Riveiro Blanco
Lucas Castro Vilas (procedente do Arosa SC)

Dianteiros
Brian Canedo Teijido
Iker Gil Méndez
Daniel García de la Barrera
Xian Gesto Cancela (procedente do ED Xuventude de Oroso)

Corpo técnico
Adestrador: Daniel M. González
Segundo adestrador: Javi Tejada
Adestrador de porteiros: Ibán González
Médico: Alejandro Mejuto
Readaptador: Alberto Rielo
Delegado: Raúl Navaza
Utileiro: Luis Ramiro Castro 'Cholo'

Grupo único na División de Honra

A Federación Galega de Fútbol confirmou o modelo de competición da División de Honra Cadete, con representación deportivista.

Superada a pandemia de COVID, a liga recupera o formato tradicional de grupo único de 20 equipos, todos contra todos a dobre volta. Os clubs que conforman a categoría, ademais do Cadete branquiazul, son os seguintes: RC Celta, CD Lugo, ED Val Miñor, San Tirso SD, ED Conxo Santiago, Pontevedra CF, Victoria CF, CD Areosa, Pabellón Ourense CF, Racing de Ferrol, Coruxo FC, AJ Lérez, Ural Español CF, Arosa SC, Rápido de Bouzas, ED Xuventude de Oroso, Viveiro CF, CD Choco e Bergantiños CF.

O primeiro clasificado será o campión xa que non haberá eliminatorias polo título mentres que os cinco últimos equipos perderán a categoría.

A competición ligueira arranca a fin de semana do 10 e 11 de setembro.