RCD / NOVAS

O cadete deportivista David Mella, citado para uns adestramentos da selección española sub-15

19/08/2019 21:05

O xogador do Cadete A do RC Deportivo, David Mella, foi citado para uns adestramentos coa selección española sub-15, sesións que terán lugar do luns 26 ao xoves 29 de agosto na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

Desta forma, David Mella colle o testemuño de futbolistas como Trilli, Hugo Novoa, Sergio Bernárdez ou Carlota Sánchez, con protagonismo nas categorías inferiores da selección española durante o pasado curso.