RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete dobrega ao CD Conxo Santiago antes de #ONOSODERBI en Vigo

O Cadete dobregou (4-1) en Abegondo ao CD Conxo Santiago na 3ª xornada da Fase polo Título da División de Honra.

Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero foron os autores dos goles ante o cadro santiagués.

Con este marcador, o Cadete suma 14 puntos á fronte da táboa, os mesmos que o RC Celta. Ambos os equipos, os dous grandes favoritos, ven precisamente as caras en Vigo na próxima xornada, prevista para o sábado 16 de abril.

Cadete: Yago Moreira, Oreiro, Hugo Torres, Adrián Vázquez, Lucas Taibo, Noe, Guerrero, David Carballo, Jaime Calviño, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: Guille, Janusz, Trillo e Jorge García.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noe -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1