RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Cadete gaña ao RC Celta e é o novo campión galego

- Foto: @futgal -

O Cadete impúxose ao RC Celta (1-2) na gran final da División de Honra que se celebrou no campo do Viso en Arzúa.

Os branquiazuis saíron mellor ao partido e adiantáronse na primeira media hora con goles de Pablo Parada e Mesfin, ao cabo insalvables para os célticos.

Cadete: Yago Moreira, Diego Miranda, Hugo Torres, Oreiro, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noé, Mesfin, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: Juan Barros, Jaime Calviño, Adrián Vázquez e Jorge García.

Así pois, o Cadete finaliza unha gran temporada con este merecido e traballado campionato galego.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada foron os seguintes:

Fase polo Título
Cadete 2 (Noé -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)
RC Celta 3 - Cadete 1 (Dani Estévez)
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 2 (Mesfin -2-)
Cadete 3 (Guerrero e Juan Barros -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
Cadete 1 (Pablo Parada) - RC Celta 1

Semifinal
Cadete 3 (Juan Barros, Mesfin e Guerrero) - San Tirso SD 0

Final
RC Celta 1 - Cadete 2 (Pablo Parada e Mesfin)