RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete gaña ao Val Miñor e aproveita o tropezón do RC Celta en San Tirso para levantarse ao coliderato do subgrupo

O Cadete dobregou (3-0) ao ED Val Miñor Nigrán en partido correspondente á 6ª xornada na Fase polo Título da División de Honra.

Guerreiro e Juan Barros -2- foron os goleadores branquiazuis nun partido que os pupilos de Darío Cotelo encarrilaron con dous tantos nos primeiros 17 minutos.

Cadete: Yago Moreira, Diego Miranda, Adrián Vázquez, Oreiro, Noé, Guerrero, Juan Barros, Jaime Calviño, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: Zoe, David Carballo, Mesfin e Lucas Taibo.

Na clasificación do subgrupo mandan, agora igualados a 23 puntos, o Cadete e o RC Celta, que a esa mesma hora caeu (3-1) no Monte co San Tirso SD.

Ambos os equipos veranse as caras este sábado 14 de maio ás 12:00 no campo 3 nun novo #ONOSODERBI con motivo da 8ª xornada, última, desta segunda fase.

Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noé -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)
RC Celta 3 - Cadete 1 (Dani Estévez)
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 2 (Mesfin -2-)
Cadete 3 (Guerrero e Juan Barros -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0