RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete leva #ONOSODERBI da División de Honra grazas a unha eficaz segunda parte

O Cadete levou o primeiro #ONOSODERBI da División de Honra ao derrotar ao RC Celta (3-1) no campo 3 de Abegondo, en partido correspondente á 3ª xornada.

Os célticos adiantáronse no marcador aos 24 minutos pero na segunda parte, os branquiazuis, moito máis eficaces, déronlle a volta ao partido cos goles de José Rey -2- e Lucas.

Con este resultado, o Cadete empolícase á primeira praza con 9 puntos de 9 posibles.

Cadete: Anxo, Pablo García, Sergio, Samuel, Pablo Pereda, Iván, Xián, Lucas, Rubén, Nico e José Rey. Tamén xogaron: Telmo, Dani, André e Carlos.

A próxima fin de semana, o Cadete visita ao Pabellón Ourense CF.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1