RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete mantén a súa vantaxe no liderado cun traballado triunfo en Caranza

O Cadete mantén a súa cómoda renda á fronte do subgrupo A da División de Honra grazas a un traballado triunfo ante o Galicia Caranza (0-2) grazas aos goles de Guerrero e Jorge García, un en cada tempo deste encontro correspondente á 8ª xornada.

O equipo que prepara Darío Cotelo suma 22 puntos de 24 posibles e é líder destacado do subgrupo.

Cadete: Yago Moreira, Diego Miranda, Pablo Parada, Oreiro, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noe, Jaime Calviño, Manu Ferreiro e Luis Viñas. Tamén xogaron: David Carballo, Juan Barros, Jorge García e Adrián Vázquez.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao San Tirso SD, o seu máis inmediato perseguidor.

Os resultados do Cadete no subgrupo A da División de Honra son os seguintes:

Cadete 4 (Guerrero -2-, Jorge García e Zoe) - CD Calasanz 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete 9 (Manu Ferreiro -2-, Guerrero, Juan Barros -2-, Pablo Parada, Noe, Lucas Taibo e Oreiro)
Cadete 8 (Lucas Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - Racing de Ferrol 0
Bergantiños CF 0 - Cadete 1 (Zoe)
Cadete 3 (Jorge García, Manu Ferreiro e Pablo Parada) - Ural Español CF 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete 0
Cadete 7 (Noe, Oreiro -3-, Lucas Taibo, Jorge García e Juan Barros) - Victoria CF 0
Galicia Caranza 0 - Cadete 2 (Guerrero e Jorge García)