RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete pecha o ano 2021 en Abegondo con triunfo ante o Bertamiráns FC

O Cadete liquidou con triunfo (5-0) ante o Bertamiráns FC o seu último partido ligueiro do ano 2021 en Abegondo, correspondente á 11ª xornada no subgrupo A da División de Honra.

Manu Ferreiro, Noe, Guerrero -2- e Jorge García foron os autores dos goles branquiazuis, en vantaxe xa no marcador desde o primeiro minuto de xogo.

Con este resultado, o Cadete alcanza os 31 puntos, instalado no máis alto da clasificación do subgrupo.

Cadete: Yago Moreira, Zoe, Pablo Parada, Oreiro, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noe, Jaime Calviño, Manu Ferreiro e Luis Viñas. Tamén xogaron: Hugo Torres, Jorge García, Mesfin, Román e David Carballo.

A próxima fin de semana, o conxunto que dirixe Darío Cotelo visita na Coruña ao CD Calasanz no último partido do ano.

Os resultados do Cadete no subgrupo A da División de Honra son os seguintes:

Cadete 4 (Guerrero -2-, Jorge García e Zoe) - CD Calasanz 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete 9 (Manu Ferreiro -2-, Guerrero, Juan Barros -2-, Pablo Parada, Noe, Lucas Taibo e Oreiro)
Cadete 8 (Lucas Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - Racing de Ferrol 0
Bergantiños CF 0 - Cadete 1 (Zoe)
Cadete 3 (Jorge García, Manu Ferreiro e Pablo Parada) - Ural Español CF 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete 0
Cadete 7 (Noe, Oreiro -3-, Lucas Taibo, Jorge García e Juan Barros) - Victoria CF 0
Galicia Caranza 0 - Cadete 2 (Guerrero e Jorge García)
Cadete 6 (Manu Ferreiro, Guerrero, Jaime -3- e David Carballo) - San Tirso SD 0
CD Lugo 1 - Cadete 6 (Noe -3-, Oreiro, Jorge García e un futbolista rival en propia meta)
Cadete 5 (Manu Ferreiro, Noe, Guerrero -2- e Jorge García) - Bertamiráns FC 0