RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete recuperou ante o Victoria CF o seu olfacto goleador

Despois do empate sen goles da pasada fin de semana en Oroso, o Cadete recuperou en Abegondo o seu olfacto goleador (7-0) á conta do Victoria CF, en partido correspondente á 7ª xornada no subgrupo A de a División de Honra.

Noe, Oreiro -3-, Lucas Taibo, Jorge García e Juan Barros foron os goleadores dun partido que se puxo de cara xa ao once minutos.

Con este resultado, o Cadete lidera comodamente o subgrupo con 19 puntos.

Cadete: Yago Moreira, Oreiro, Hugo Torres, Zoe, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noe, Jaime, Carballo e Juan Barros.Tamén xogaron: Adrián, Luis Viñas, Román, Manu Ferreiro e Jorge García.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Darío Cotelo visita ao Galicia Caranza.

Os resultados do Cadete no subgrupo A de a División de Honra son os seguintes:

Cadete 4 (Guerrero -2-, Jorge García e Zoe) - CD Calasanz 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete 9 (Manu Ferreiro -2-, Guerrero, Juan Barros -2-, Pablo Parada, Noe, Lucas Taibo e Oreiro)
Cadete 8 (Lucas Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - Racing de Ferrol 0
Bergantiños CF 0 - Cadete 1 (Zoe)
Cadete 3 (Jorge García, Manu Ferreiro e Pablo Parada) - Ural Español CF 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete 0
Cadete 7 (Noe, Oreiro -3-, Lucas Taibo, Jorge García e Juan Barros) - Victoria CF 0