RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete supera o escollo da visita ao ED Val Miñor Nigrán

O Cadete superou (2-4) o escollo que sempre supón a visita ao ED Val Miñor Nigrán, en partido correspondente á 2ª xornada da Fase polo Título da División de Honra.

Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada foron os goleadores nun partido moi traballado polos pupilos de Darío Cotelo.

Con este resultado, o Cadete suma 11 puntos á fronte da táboa, os mesmos que o RC Celta.

Cadete: Román, Diego Miranda, Pablo Parada, Adrián Vázquez, Lucas Taibo, Guerrero, Noe, Jaime Calviño, Manu Ferreiro, Mesfin e Carballo. Tamén xogaron: Oreiro, Hugo Torres e Jorge García.

Sen apenas descanso, o Cadete recibe en Abegondo o domingo 10 de abril ás 12:00 ao CD Conxo Santiago.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noe -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)