RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete superou en Pontevedra ao AJ Lérez antes de recibir ao RC Celta en Abegondo

O Cadete superou (0-4) ao AJ Lérez en partido correspondente á 2ª xornada da División de Honra con dous goles en cada tempo: Lucas e Nico anotaron na primeira; e Iker Gil e André na segunda.

Con este marcador, o Cadete suma 6 puntos de 6 posibles e xa está nas posicións de cabeza.

Cadete: Yeray, Pablo García, Uxío, Samuel, Pablo Pereda, Telmo, Lucas, Dani, Rubén, José Rey e Nico. Tamén xogaron: Carlos, Iker Gil, Vergara e André.

A próxima fin de semana toca #ONOSODERBI ante o RC Celta en Abegondo, cos dous grandes aspirantes ao título fronte a fronte.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil)