RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete xa coñece o seu calendario no subgrupo A da División de Honra

O equipo Cadete do Dépor quedou encadrado no subgrupo A da División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o subgrupo estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC.

O primeiro partido será en Abegondo fronte ao CD Calasanz o próximo 2 de outubro; e o último desta primeira fase será en Bertamiráns, o 19 de marzo de 2022.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son 22 xornadas. Os catro primeiros xogarán a Fase polo Título cos catro primeiros clasificados do subgrupo B. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Na Fase polo Título o formato será de liga a dobre volta pero só contra os catro equipos clasificados do subgrupo B. O primeiro de cada subgrupo da Primeira Fase arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; e os cuartos clasificados cun punto. Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

No Grupo pola Permanencia, o formato será de liga a dobre volta pero só contra os equipos que proceden do subgrupo B. Neste caso os quintos de cada subgrupo comezan con sete puntos; os sextos con seis; os sétimos con cinco; os oitavos con catro; os novenos con tres; os décimos con dous; os undécimos cun punto; e os duodécimos con cero. Os tres últimos perderán a categoría.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Xornada 1 (02/10/2021) Xornada 12 (18/12/2021)
Cadete CD Calasanz
Xornada 2 (09/10/2021) Xornada 13 (08/01/2022)
Atl. Coruña Montañeros CF Cadete
Xornada 3 (16/10/2021) Xornada 14 (15/01/2022)
Cadete Racing de Ferrol
Xornada 4 (23/10/2021) Xornada 15 (22/01/2022)
Bergantiños CF Cadete
Xornada 5 (30/10/2021) Xornada 16 (29/01/2022)
Cadete Ural Español CF
Xornada 6 (06/11/2021) Xornada 17 (05/02/2022)
ED Xuventude de Oroso Cadete
Xornada 7 (13/11/2021) Xornada 18 (12/02/2022)
Cadete Victoria CF
Xornada 8 (20/11/2021) Xornada 19 (19/02/2022)
Galicia Caranza Cadete
Xornada 9 (27/11/2021) Xornada 20 (05/03/2022)
Cadete San Tirso SD
Xornada 10 (04/12/2021) Xornada 21 (12/03/2022)
CD Lugo Cadete
Xornada 11 (11/12/2021) Xornada 22 (19/03/2022)
Cadete Bertamiráns FC