RCD / NOVAS

O Cádiz CF aterra mañá sábado ás 14:10 no Aeroporto da Coruña e adestra pola tarde en Abegondo

17/01/2020 13:30

O Cádiz CF, rival do Dépor este domingo 19 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos), ten previsto aterrar mañá sábado 18 ás 14:10 no Aeroporto da Coruña e adestrar na Cidade Deportiva de Abegondo (campo 4) a partir das 17:30 horas.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do equipo gaditano é o Hotel Attica 21 (zona de Matogrande).