RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O cadro concentrou todo o traballo previsto para hoxe venres nunha única sesión matinal

O Deportivo concentrou todo o traballo previsto para hoxe venres 18 de setembro nunha única sesión matinal. Así pois non haberá adestramento pola tarde, tal e como estaba previsto inicialmente.

Fernando Vázquez dispuxo unha sesión longa e alternando tarefas físicas e técnico-tácticas.

Para empezar, os futbolistas realizaron un circuíto de forza coordinado polo readaptador do equipo, Fran Molano.

A continuación, após uns rondos, o técnico branquiazul colleu a batuta para dirixir un partido a metade de campo 2, en espazo reducido.

A mañá concluíu de novo cun traballo físico: series de carreira a todo o longo do campo 2 supervisadas polo preparador físico José Ángel Franganillo.

Borja Galán e Lucho García exercitáronse no ximnasio; mentres que Celso Borges, Uche, Fede Cartabia e Vicente Gómez, con permiso, non estiveron hoxe en Abegondo.

Mañá sábado 19 de setembro, o Dépor realizará a primeira toma de contacto co céspede de ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada que arrincará ás 10:00 horas.