RCD / NOVAS

O cadro do Deportivo Abanca participa nunha xornada de integridade da RFEF

09/10/2019 18:40

A sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo acolleu, a primeira hora desta tarde, unha charla de Integridade a cargo de Álvaro de Miguel Casanueva, membro da asesoría xurídica da Real Federación Española de Fútbol.

Como é habitual nestas actividades, a xornada tratou aspectos relacionados coa predeterminación e manipulación de resultados, amaño de partidos e apostas deportivas. Neste programa participan todos os equipos de Primeira Iberdrola.

Posteriormente, o asesor xurídico e responsable de cumprimento normativo do Club, Óscar Rama, fixo unha presentación do Código Ético da entidade e de todos os protocolos internos de cumprimento normativo desenvolvidos, aprobados e implantados desde hai catro temporadas e que aplican a todos os empregados e futbolistas do Real Club Deportivo.