RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O cadro márchase de vacacións cunha guía de mantemento físico

Tralo partido de onte en Mestalla ante a Valencia CF, co que se puxo o punto e final a LaLiga Santander 2017-18, o cadro do Deportivo iniciou as súas vacacións estivais.

Iso si, algúns deles, caso por exemplo de Celso Borges, Fede Valverde... continuarán en competición coas súas respectivas seleccións nacionais, con motivo do Mundial de Rusia 2018.

Cada xogador leva un plan de traballo físico personalizado, ademais dunha serie de recomendacións a cargo dos técnicos, co obxectivo de regresar aos adestramentos a próxima temporada nun óptimo estado físico.

Durante as dúas primeiras semanas, o xogador terá descanso total en fútbol. Iso si, os preparadores físicos recomendan facer calquera outro tipo de deporte, cunha intensidade moderada.

Na terceira semana, o futbolista ten programado carreira continua, tarefas de acondicionamento físico combinadas con calquera outro deporte: pádel, baloncesto...

A partir da cuarta semana de vacacións, e xa até o inicio da pretemporada, os xogadores deben engadir progresivamente exercicios aeróbicos e de forza xeral; ademais de tarefas de velocidade e de potencia.

Algunhas das recomendacións dos preparadores físicos do Club son as seguintes:

-Cada semana haberá 3 ou 4 adestramentos

-Alternar día de descanso con día de adestramento

-Coidar a alimentación, con especial énfase no compoñente graso dos alimentos.