RCD / NOVAS

O campión da liga Nacional ponse en marcha mañá martes en Abegondo

02/08/2021 11:22

O campión da liga Nacional, o Xuvenil B, inicia mañá martes 3 de agosto ás 10:15 en Abegondo a pretemporada. Antes de saltar ao céspede, os futbolistas terán que someterse ás probas médicas habituais en todos os equipos de #ANOSACANTEIRA, incluídas as específicas de COVID-19.

O conxunto deportivista estará dirixido por Alejandro Antón. Completan o corpo técnico José Manuel 'Noni' Arrojo (segundo adestrador) e Toño Ventura (preparador físico).

Os xogadores citados para adestrar son os seguintes:

- Porteiros: Yago Moreira (cadete) e Unai García

- Defensas: Rubén Vilela, Martiño Caneda, Yago Monteagudo, Jorge Oreiro (cadete), Lucas Taibo (cadete) e Gabriel Ares

- Centrocampistas: David Carreira, David López (procedente do Ural CF), Pedro Moraña, Adrián Lombao e Marco Baña

- Dianteiros: David Domínguez, Kevin Sánchez, Juan Barros (cadete) e Mesfín Gómez (cadete)

Ademais, Álejandro Delgado, Álvaro Mardones, Alejandro Montero, Nuno Rivero, Rodrigo Toja, Carlos Rodríguez, Adrián Ogando e Noah Rodríguez adéstranse co Xuvenil A que dirixe Manuel Pablo.