RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O campión de España xuvenil arranca mañá xoves após pasar hoxe probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR

O brillante campión de España, o Xuvenil A, arranca mañá xoves 29 de xullo ás 10:00 en Abegondo unha temporada histórica coa súa participación na UEFA Youth League.

Manuel Pablo, un dos futbolistas máis queridos por #ANOSAFORZA, colle as rendas do equipo en substitución de Óscar Gilsanz, que se fixo cargo do Fabril. Completan o corpo técnico: Juan Villamisar (segundo adestrador), Fran Varela (preparador físico), Javier Núñez (delegado), e Javier Rodríguez (utilero).

O cadro pasa hoxe mércores probas médicas no Centro QuirónSalud A Coruña, as rutineiras ao comezo de calquera pretemporada, e as propias de COVID-19.

Están citados os seguintes xogadores:

-Porteiros: Rodrigo Toja e Nuno Rivero

-Defensas: Ignacio Díaz-Caneja, Manu Berrocal, Mauro Figueroa, Seydiba Mendes, Manuel Mato, Mario Vázquez, Nicolás Casalderrey, Adrián Ogando, Noah Rodríguez e Manuel Rivas (procedente da SD Compostela)

-Centrocampistas: Álvaro Embid, Diego Gómez, Rubén López, Nils Guve, Alejandro Montero e Carlos Rodríguez

-Atacantes: Hugo Baldomar, Martín Ochoa, Alejandro José Martínez, Pablo Trigo e Pablo Pérez (procedente do Ural CF) e Álvaro Mardones

Ademais, estes futbolistas de categoría xuvenil adéstranse ou ben no RC Deportivo ou ben no Fabril: Dani Barcia, Trilli, Brais Suárez, Noel López, Hugo Lemos, Hugo Ríos, Jairo Noriega, David Mella, Mario Nájera, Hugo Urdiales e Hugo Padín.