RCD / NOVAS

O canteirán Javier Armas continuará a súa carreira en EEUU cunha bolsa a través do programa LaLiga ProPlayer

05/07/2019 19:40

Javier Armas, futbolista de #anosacanteira, comezará en agosto a súa aventura en Estados Unidos onde poderá compatibilizar os seus estudos universitarios da rama de Business coas súas rutinas de adestramentos e partidos competindo para o equipo da Universidade de Oregon State.

O canteirán coruñés porá rumbo a USA grazas ao programa LaLigaProplayer impulsado pola liga, o Banco Santander, AGM e o apoio dos clubs. A bolsa deportiva que conseguiu cubrirá a totalidade dos gastos durante a súa estancia, incluíndo aloxamento, matricula, comidas, e seguro médico, entre outros.

O centrocampista competirá durante as 4 próximas campañas na conferencia Pacific – 12, a cal disputan algunha das universidades máis recoñecidas do país como University of California, Los Angeles, Universiy of Standford, University of Arizona ou University of Oregon dentro da NCAA Division I.

O programa de LaLiga ProPlayer, liderado e impulsado por LaLiga, ten como obxectivo ofrecer a posibilidade a futbolistas de categorías inferiores dos clubs de LaLiga Santander e LaLiga 1|2|3 (un por club/SAD), de aproveitar o seu talento deportivo para conseguir bolsas en universidades estadounidenses, onde poderán compaxinar a súa formación académica co seu desenvolvemento como futbolista. Este programa vai dirixido a xogadores de entre 16 e 22 anos, coordinado cos responsables de fútbol base dos clubs, coñecedores da necesidade de apoiar activamente a formación académica dos futbolistas máis novos.

Grazas a LaLiga ProPlayer, os xogadores recibirán un servizo de atención e consultoría personalizado, antes, durante e despois de obter cada unha das bolsas deportivas nas principais universidades de Estados Unidos