RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O canteirán Mujaid concéntrase mañá luns en Madrid coa selección española sub-18

O central xuvenil do RC Deportivo, Mujaid Sadick, foi convocado pola Selección Española sub-18 para disputar a 18ª edición dos Xogos do Mediterráneo.

O combinado nacional, dirixido por Luís de la Fuente, concentrarase mañá luns 18 de xuño na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid); e o mércores 20 desprazarase a Tarragona, sede da presente edición dos Xogos.

España quedou encadrada na Primeira Fase no grupo A, con Alxeria e Macedonia. O seu calendario de partidos é o seguinte:

Venres 22 de xuño
13:00: ALXERIA - ESPAÑA, no Estadi Municipal de Calafell

Domingo 24 de xuño
20:00: ESPAÑA - MACEDONIA, no Camp Nou de Reus

Os dous primeiros acceden ás semifinais, que se xogarán o xoves 28 de xuño.

Mujaid Salick foi unha das boas noticias en #ANOSACANTEIRA na temporada pasada. Despois de adestrarse varios días co primeiro equipo ás ordes de Clarence Seedorf, o técnico holandés fíxoo debutar no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Villarreal na penúltima xornada de LaLiga Santander, o pasado 12 de maio.

Unha semana máis tarde, o domingo 20, o canteirán cumpría o seu soño de xogar de titular co Deportivo en Primeira División, en Mestalla ante a Valencia CF.