RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O capitán Laure confesa ser ''consciente do importante que é este ano''

Laure compareció en rolda de prensa no Estadio de Riazor. O capitán deportivista confesó "estar ben físicamente, con moitas ganas de axudar e sobre todo consciente do importante que é este añou".

Falou da súa 'sociedade' con Cuenca no carril dereito: "Coa calidade que ten sempre se ofrece, sempre quere o balón, dáche saída por dentro ou por fóra. Para o que está por detrás sempre vén moi ben".

Despois de dous partidos nos que o Dépor empeza por encima no marcador e que non acaban en triunfo (Granada e Raio Vallecano), Laure asegura que "che vas coa sensación de que se están escapando puntos a priori con equipos da túa liga e é importante que empecemos a pechar os partidos. Creo que nos temos que facer máis fortes e non deixar os partidos tan abertos".

Neste primeiro parón ligueiro, Laure cre que "esta semana nos veu de luxo. Viñeron catro compañeiros novos, encima hai cousas que corrixir e eu creo que o adestrador está a tentar corrixir canto antes tamén para adaptarse todos aos novos compañeiros".