RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O capitán Laure, moi preto do seu regreso

Laure, capitán do Deportivo, adestrouse de novo esta mañá con normalidade co grupo e está moi preto de recibir a alta médica.

Tamén traballou Florin Andone sen contratempos hoxe en Abegondo, nunha sesión de alta intensidade para os que onte non actuaron de inicio ante o Alavés en Copa do Rey. O internacional romanés realizou unha parte do adestramento, a que estaba prevista polos Servizos Médicos, de acordo co corpo técnico.

Así pois, o único futbolista á marxe do grupo é Carles Gil, con tratamento médico e de fisioterapia.

Podes consultar aquí o estado físico dos xogadores deportivistas: