RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CCAR Valladares será o rival do Deportivo ABANCA B na final da Copa Galega de Primeira Autonómica

O CCAR Valladares será o rival do Deportivo ABANCA B na final da primeira edición da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina.

Ambos os clubs e a Federación Galega terán agora que porse de acordo no día, hora e escenario dun partido que enfrontará ao campión de liga (Valladares) co segundo clasificado (Deportivo ABANCA B).

Na competición copeira, o Deportivo ABANCA B apeou nas semifinais ao Victoria CF B (4-0 en Abegondo e 1-4 na Torre); mentres que o CCAR Valladares fixo o propio co Atlético Arousana (2-3 en Vilagarcía e 1-0 en Vigo).