RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CD Arenteiro supera nos minutos finais a un Fabril que tivo unha mala tarde

Ao Fabril escapáronselle os 3 puntos (1-2) en Abegondo ante o CD Arenteiro nos minutos finais deste partido correspondente á 22ª xornada en Terceira División.

O encontro arrancou ben para o filial, que se adiantou no marcador grazas a Iago Parga.

Pero tralo descanso, o choque cambiou, os ourensáns foron superiores e levaron o triunfo cun gol de Albertito no minuto 86.

A pesar deste resultado, o Fabril é 6º na táboa con 34 puntos, a tan só 3 puntos da 4ª praza, última que dá dereito a disputar o playoff de ascenso a Segunda División B.

Fabril: Álex Cobo, Eimil, Parga, Bourdal, Juan Rodríguez, Gandoy, Javi Sánchez, David Sánchez, Pedro, Villares e Aarón Sánchez. Tamén xogaron: Iago Novo, Jaweb Boumeddane e Mario Losada.

O vindeiro domingo, a Fabril visita ao Alondras, a partir das 17:00 horas.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1
CSD Arzúa 2 - Fabril 0
Fabril - UD Paiosaco H. Añón, o martes 25 de febreiro ás 16:15 en Abegondo
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0
Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0
Ourense CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Iago Parga) - CD Arenteiro 2