RCD / NOVAS

O CD Areosa amarga a tarde ao Xuvenil B

11/01/2020 18:20

O CD Areosa dobregou (4-1) ao Xuvenil B nunha mala tarde do conxunto deportivista. Nájera foi o autor do único tanto branquiazul neste choque correspondente á 17ª xornada na Liga Nacional.

Con este resultado, demasiado avultado a tenor do visto sobre o terreo de xogo, o Xuvenil B mantense 2º na táboa con 37 puntos. O CD Areosa, con 36, axexa tamén esa segunda praza. Por diante marcha o RC Celta B, líder con 46.

Xuvenil B: Brais, Axel, Añón, Carracedo, Mauro, Álex Mellid, Nájera, Urdiales, Do Carmo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Aye, Hugo Baldomar, Dani Barcia e Antón.

A próxima fin de semana toca de novo partido lonxe de Abegondo, concretamente en Cangas ante o Alondras CF, no inicio da segunda volta da liga.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)
Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 3 (Nájera, Jairo e Nils)
Xuvenil B 5 (Do Carmo -2-, Padín -2- e Urdiales) - SD O Val 1
CD Choco 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 4 (Nájera -2-, Noel e Padín) - EF Lalín 1
Racing Villalbés 1 - Xuvenil B 2 (Jairo e Hugo Baldomar)
Xuvenil B 6 (Álex González, Nájera -2-, Do Carmo -2- e Hugo Baldomar) - Porriño Industrial CF 0
CD Areosa 4 - Xuvenil B 1 (Nájera)