RCD / NOVAS

O CD Lugo B será o primeiro rival do Cadete B no subgrupo A da Liga Galega norte

17/03/2021 12:58

O Cadete B quedou integrado no subgrupo A da Liga Galega norte cos seguintes rivais: Viveiro CF, SD Ribadeo, SCD Milagrosa e CD Lugo B.

Nesta primeira fase a liga será a dobre volta. Os dous primeiros clasificados pasarán á segunda fase polo ascenso, constituída por outros dous novos subgrupos. A partir de aí iniciarase unha liga a unha volta no que se clasificarán os dous primeiros de cada subgrupo ás semifinais. Ascenderá á División de Honra o gañador.

Os equipos que non se clasificaron na primeira fase entre os dous primeiros pasarán a disputar unha competición de Copa, cuxo formato se fará público nos próximos días.

O calendario de partidos do equipo que prepara Dani González é o seguinte:

Xornada 1 (27/03/2021) Xornada 6 (24/04/2021)
Cadete B CD Lugo B
Xornada 2 (01/04/2021) Xornada 7 (01/05/2021)
SD Ribadeo Cadete B
Xornada 3 (03/04/2021) Xornada 8 (08/05/2021)
Descanso Descanso
Xornada 4 (10/04/2021) Xornada 9 (22/05/2021)
Cadete B Viveiro CF
Xornada 5 (17/04/2021) Xornada 10 (29/05/2021)
SCD Milagrosa Cadete B