RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O CD Oceja frea a un Dépor ABANCA B sen puntaría

O CD Oceja freou (0-0) a un Dépor ABANCA B que pasou unha mala semana coa lesión que sufriu Paula Novo. A internacional española estará varios meses fóra dos terreos de xogo por mor dunha lesión no seu xeonllo esquerdo.

Kevin Cabado, técnico deportivista, tampouco puido contar en Santillana del Mar con Noela, lesionada; nin con Paula Monteagudo, que xogou onte co primeiro equipo en Pamplona.

Aínda por riba, ás branquiazuis falloulles a puntaría para bater a portería cántabra neste partido correspondente á 17ª xornada en Primeira Nacional.

A pesar deste empate, o Dépor ABANCA B lidera a táboa con 47 puntos; por 42 do Sporting de Gijón, o seu inmediato perseguidor.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Lucía Mariño, María Calvo, Elena Vázquez, Uxía Cabada, Abril Pazos, Marta Rico, Tati, Laura Otero, Laura Testa e Laura Santos. Tamén xogaron: Carmen Carballada, Lucía Rivas, Elena López 'Cusi' e Lucía Couto.

A próxima fin de semana, o equipo de Kevin Cabado recibe en Abegondo ao Real Oviedo B.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Abril Pazos, Marta Rico e Laura Otero) - Victoria FC 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Tati e Marta Rico) - Victoria CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0