RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CEIP Alborada e Plurilingüe Graxal visitaron ABANCA-RIAZOR nunha semana de dobre xornada en 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Máis dun centenar de estudantes de 6º de Primaria do CEIP Arteixo gozaron o martes 4 e o mércores 5 de febreiro de dúas novas xornadas de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', no inigualable marco do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O martes foi a quenda do CEIP Alborada, cuxos 75 alumnos puideron compartir boa parte da mañá con Gaby e Kika, xogadoras do Deportivo ABANCA, Iago Parga e Gandoy, futbolistas do Fabril.

O mércores tocoulle ao CEIP Plurilingüe Graxal. Os rapaces, algo menos de medio centenar, deste colexio do concello de Cambre contaron coa visita das xogadoras do Dépor ABANCA Patri Díaz e Miralles e o fabrilista Martí Vilà.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla sobre a historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo exconselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos futbolistas branquiazuis, que contestaron as preguntas dos pequenos, asináronlles postais dedicadas e mesmo algunhas camisetas. Ambas as xornadas finalizaron coa habitual foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes rapaces terá continuidade o vindeiro martes 11 no histórico primeiro partido oficial do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR, na Copa da Raíña fronte ao Valencia CF Femenino, e máis adiante nun partido do Deportivo en LaLiga SmartBank. O Club regala senllas entradas a cada un deles.