RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CEIP Arteixo empapouse de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' en ABANCA-RIAZOR

Ao redor de 70 alumnos de 6º de Primaria do CEIP Arteixo gozaron na mañá de hoxe dunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', no incomparable marco do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces gozaron do privilexio de compartir boa parte da mañá con Nuria, xogadora do Deportivo ABANCA, Salles-Lamonge e May, futbolistas do Fabril.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla sobre a historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos tres futbolistas branquiazuis, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos, asináronlles postais dedicadas e mesmo algunhas bufandas e camisetas. A xornada finalizou coa foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes mozos terá continuidade no próximo partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao Cádiz CF, correspondente á 38ª xornada de LaLiga 1|2|3, o domingo 12 de maio ás 16:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles. Ademais, tamén disporán de entradas para acudir a un partido do Fabril na Cidade Deportiva de Abegondo.