RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CEIP Isaac Díaz Pardo visitou Abegondo nunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo, do Burgo (Culleredo), gozaron na mañá de hoxe mércores dunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que tivo como escenario a Cidade Deportiva de Abegondo. Os estudantes compartiron parte da mañá con Iris Arnáiz, centrocampista do Dépor ABANCA, e Saúl García, lateral esquerdo do Deportivo.

Con anterioridade ao encontro cos xogadores, os alumnos puideron gozar de parte do adestramento do Deportivo e, posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa firma de postais dos futbolistas e coa foto de familia na bancada do campo 1 da Cidade Deportiva.

A experiencia branquiazul destes rapaces concluirá no partido ligueiro do Dépor fronte ao Zaragoza, o domingo 16 de decembro ás 20:30 horas.