RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Centro de Inserción Social acolle unha edición especial de Vos Nosos Valores

O RC Deportivo organiza unha xornada especial do proxecto "Os Nosos Valores" cos usuarios do Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña dentro das súas accións de integración social e co obxectivo achegar impactos positivos na comunidade. Esta xornada pretende fomentar os valores do fútbol en xeral e do deportivismo en particular.

O Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña está destinado aos servizos sociais penais, que velan polo cumprimento das penas alternativas e fan seguimento das persoas que se atopan na última fase da súa condena, en semilibertade, onde se lles apoia para unha mellor reinserción con actividades formativas e de procura de emprego en colaboración coa Fundación Érguete Integración.

Mércores 3 de maio de 16:30 a 18:30 horas
Xornada Formativa. Mesa de Experiencias: "Onde veño, estou, vou?"

Participantes da mesa:
Martín Pita, conselleiro Área Social RC Deportivo
Carmen Avendaño, presidenta Fundación Érguete
Miguel Anxo Rodríguez Montero, director do CIS
María Gordo Perdiguero "Perdi" - xogadora Dépor Abanca
Elkin Andrés Flórez Domínguez - Área Formativa RC Deportivo
José Manuel Ferreira Colmenero - Área Formativa RC Deportivo

Xoves 4 de Maio ás 11:00 horas
Todos os usuarios realizarán unha visita guiada ao Estadio Municipal de Riazor

Domingo 7 de Maio ás 18.30 horas
Asistencia de todos os usuarios do centro ao partido RC Deportivo - RCD Espanyol