RCD / NOVAS

O choque ante o Rayo Majadahonda da 33ª xornada de LaLiga 1|2|3 celebrarase o sábado 6 de abril ás 16:00

12/03/2019 11:29

LaLiga fixo oficiais os horarios da 33ª xornada de LaLiga 1|2|3, na que o Deportivo recibirá a visita, por primeira vez na historia, do Rayo Majadahonda. O partido disputarase o sábado 6 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR ás 16:00 horas, emitido en directo por LaLiga 1|2|3 TV.

Horarios confirmados dos partidos do Deportivo:

Xornada 31, venres 22 de marzo, 21:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Almería (Gol)

Xornada 32, domingo 31 de marzo, 18:00 horas, Carlos Tartiere: Oviedo - Dépor (Movistar Partidazo)

Xornada 33, sábado 6 de abril, 16:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Rayo Majadahonda (LaLiga 1|2|3 TV)