RCD / NOVAS

O choque do Xuvenil B aprazado ante o Racing Villalbés xógase o martes de entroido, 16 de febreiro, ás 12:00

04/02/2021 13:23

O partido da 10ª xornada de liga no subgrupo A de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Racing Villalbés, que foi aprazado o pasado domingo 24 de xaneiro en Abegondo por un caso positivo de COVID-19 no conxunto lucense, xogarase o martes 16 de febreiro, festividade de entroido, ás 12:00 horas.

Antes, este venres 5 de febreiro ás 19:00 horas en Abegondo, o conxunto deportivista abre o calendario de #ANOSACANTEIRA ante a SD O Val, en choque correspondente á 12ª xornada.

O Xuvenil B é o actual líder do subgrupo con 30 puntos de 30 posibles, con tres de vantaxe sobre a SD Compostela, segundo con 27 puntos e un partido máis que os branquiazuis.