RCD / NOVAS

O Club de Ximnasia Santiago Apóstol visitou ao RC Deportivo en Abegondo

12/05/2017 12:22

O Club de Ximnasia Rítmica Santiago Apóstol, que recentemente participou nos Campionatos de España, acudiu ao adestramento do primeiro cadro do RC Deportivo, que posou con eles para levar unha foto de recordo e entregoulles unha camiseta asinada por todos os xogadores branquiazuis.

Varios compoñentes do equipo e as súas monitoras presenciaron esta mañá a pé de campo o adestramento dirixido por Pepe Mel. Ao finalizar a sesión, saltaron ao terreo de xogo do campo 3 da cidade deportiva para recibir o agarimo e o recoñecemento dos xogadores deportivistas e do propio Club.

Os pasados días 21, 22 e 23 de abril celebráronse en Albacete os Campionatos de España de Ximnasia Rítmica para Persoas con Discapacidade Intelectual, organizados por Feddi (Federación Española de Deportes para persoas con Discapacidade Intelectual).

O Santiago Apóstol coruñés participou en conxunto nivel II adaptado categoría absoluta pelota, quedando no terceiro posto. Así mesmo, en categoría individual nivel II adaptado categoría absoluta con pelota participou Ricardo Prado, logrando o subcampeonato.