RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O colexio público San Francisco Javier acolle a cuarta xornada de 'Os Nosos Valores'

O Colexio San Francisco Javier da Coruña (Ronda de Outeiro nº 72) acollerá mañá venres 20 de abril unha nova edición, a cuarta, da campaña 'Os Nosos Valores', que promove o Real Club Deportivo.

Os futbolistas Poroto Lux, Celso Borges e Carles Gil; e do Deportivo Abanca Estefi, Cris e Perdi pasaranse ás 12:45 polo citado centro educativo para compartir uns minutos con alumnos, profesores e membros da comunidade educativa.

Ademais dos futbolistas, no acto institucional de mañá venres participará Enrique Calvete, Conselleiro da área Económica-Financeira; e Gelines Romero, Directora da área Social.

O acto central desta nova xornada de 'Os Nosos Valores' consistirá nunha visita dos xogadores (por parellas) clase por clase, onde se someterán ás preguntas dos nenos e nenas; un intercambio de agasallos; e unha foto de familia.

Para concluír a visita, Poroto Lux e Estefi entregarán ao Director do Colexio, Emilio Veiga, unhas camisetas, unha das cales será sorteada nunha tómbola solidaria. A continuación, o conselleiro Enrique Calvete dirixirase a toda a comunidade educativa do centro e pechará a quenda de intervencións o Director.

Os alumnos despedirán aos membros do RC Deportivo no patio do colexio, coa sintonía do 'Rock do Deportivo'.

O Club arrancou esta iniciativa lúdico-educativa esta tempada o pasado 28 de outubro no I.E.S. Viós de Abegondo, a escasos metros da cidade deportiva; para continuar no Colexio Dominicos o 16 de decembro.