RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Compos examinará a progresión dun Fabril que coñecerá tamén mañá ao seu rival na Copa Deputación

O Compostela, un dos 'grandes' da Terceira División, examinará mañá domingo 30 de xullo a progresión do Fabril.

Será nun amigable que arrancará ás 19:00 horas no campo da Silveira, en Camporrapado (Boqueixón).

O filial deportivista coñecerá mañá domingo ao seu rival da eliminatoria de dezaseisavos de final de Copa Deputación, que será o vencedor do partido Marino de Mera - Laracha.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmado é o seguinte:

23 de xullo, torneo 'tres en un' en Viveiro
Viveiro 0 - Fabril 4 (Uxío -2-, Gaizka e Porrúa)
Fabril 1 (Queijeiro) - Somozas 0

25 de xullo: Laracha 1 - Fabril 1 (Martín)

30 de xullo, 19:00 horas: SD Compostela - Fabril (campo da Silveira, Camporrapado, Boqueixón)

2 de agosto, dezaseisavos de final de Copa Deputación da Coruña: Marino de Mera ou Laracha - Fabril

8 de agosto, 18:30 horas: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)

Entradas á venda para o Trofeo Manolo Martín

Están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista e El Corte Inglés (Ramón e Cajal e Marineda City) as entradas para o XXXIV Trofeo Manolo Martín que disputan o Fabril e o Real Madrid Castilla o vindeiro 8 de agosto ás 18:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.

As entradas, que teñen carácter benéfico (a recadación destinarase integramente ás obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca en Muxía), teñen un custo de 5 euros. Os menores de 15 anos poden acceder de forma gratuíta pero deben retirar invitación na OAD ou El Corte Inglés.