RCD / NOVAS

O Concello da Coruña outorga unha rúa a Arsenio Iglesias, que tamén dará nome á Cidade Deportiva da Torre

16/01/2020 10:55

O Concello da Coruña acordou hoxe outorgar o nome dunha rúa e da Cidade Deportiva da Torre e nomear Fillo Adoptivo da cidade ao personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo ao longo dos 113 anos de historia do RC Deportivo, Arsenio Iglesias Pardo.

Unha iniciativa cidadá recolleu máis de 1.200 firmas con esta proposta, que presentou á Comisión de Honras e Distincións do consistorio herculino.

Nacido o 24 de decembro de 1930 en Arteixo, Arsenio é o adestrador que máis partidos oficiais dirixiu ao Dépor (566) e o técnico que levou ao Club a conquistar o seu primeiro título, a Copa do Rei de 1995. Arsenio estivo un cuarto de século vinculado de maneira directa ao RC Deportivo, como xogador do Fabril e do CD Xuvenil, como futbolista do primeiro equipo, como adestrador do Fabril e como técnico do primeiro equipo.

Cun total de 712 partidos oficiais co primeiro equipo, como adestrador e como xogador, é o personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo ao longo destes 113 anos. Eses 712 encontros supoñen case o 20 por cento dos 3.690 que a día de hoxe disputou o Deportivo desde o seu debut na Copa de España en 1910. Unha porcentaxe que aumenta até o 28 por cento se contamos que na despedida de Arsenio, trala final da Copa de 1995, o contador de partidos oficiais do Dépor situábase nos 2.520 encontros.

O seu balance nos seus 566 partidos no banco deportivista é de 250 vitorias, 143 empates, 173 derrotas, 758 goles a favor e 575 en contra.

TRAXECTORIA DE ARSENIO NO DEPORTIVO
1950-51 Xogador do Fabril e do CD Juvenil
1951-52 Xogador do CD Juvenil e Xogador do Deportivo (23 partidos e 8 goles - 11º en Primeira)
1952-53 Xogador do Deportivo (16 partidos e 1 gol - 14º en Primeira)
1953-54 Xogador do Deportivo (19 partidos e 3 goles - 7º en Primeira)
1954-55 Xogador do Deportivo (29 partidos e 7 goles - 7º en Primeira)
1955-56 Xogador do Deportivo (30 partidos e 7 goles - 12º en Primeira)
1956-57 Xogador do Deportivo (24 partidos e 8 goles - 15º en Primeira e DESCENSO)
...
1967-68 Adestrador do Fabril (3º en Terceira)
1968-69 Adestrador do Fabril (9º en Terceira)
1969-70 Adestrador do Fabril (11º en Terceira)
1970-71 Adestrador do Fabril (2º en Preferente) e Adestrador do primeiro equipo (3º en Segunda e ASCENSO)
1971-72 Adestrador do primeiro equipo (14º en Primeira)
1972-73 Adestrador do primeiro equipo (17º en Primeira e DESCENSO)
...
1982-83 Adestrador do primeiro equipo (4º en Segunda)
1983-84 Adestrador do primeiro equipo (9º en Segunda)
1984-85 Adestrador do primeiro equipo (13º en Segunda)
...
1987-88 Adestrador do primeiro equipo desde febreiro de 1988 (16º en Segunda)
1988-89 Adestrador do primeiro equipo (10º en Segunda)
1989-90 Adestrador do primeiro equipo (4º en Segunda)
1990-91 Adestrador do primeiro equipo (2º en Segunda e ASCENSO)
1991-92 Asesor do presidente e Adestrador do primeiro equipo desde abril de 1992 (17º en Primeira)
1992-93 Adestrador do primeiro equipo (3º en Primeira)
1993-94 Adestrador do primeiro equipo (2º en Primeira)
1994-95 Adestrador do primeiro equipo (2º en Primeira e CAMPIÓN COPA DO REI)